ASGATE

Asociación Galega de Técnicos en Emerxencias Sanitarias

NOTA DE PRENSA

Posted by ASGATE en 22 abril, 2020

ASGATE

DENDE A ASOCIACIÓN GALEGA DE TÉCNICOS DE EMERXENCIAS SANITARIAS (ASGATE) QUEREMOS DENUNCIAR QUE DESPOIS DE 6 SEMANAS XA QUE LEVAMOS FACENDO TRASLADOS DE PACIENTES CON POSIBLE CONTAXIOS OU POSITIVOS CONFIRMADOS DE COVID 19, AINDA ESTAMOS ESPERANDO QUE SE NOS FAGAN OS TEST PARA SABER CÓMO ESTÁN REALMENTE OS TES EN GALICIA, CANTOS ESTÁN CONTAXIADOS E CANTOS XA PASARON A ENFERMIDADE. TODO ESTO AGRAVADO, NAS ÚLTIMAS DATAS, POLA RETIRADA DAS FAMOSAS MASCARILLAS N95 (AS DA BOLSA VERDE) QUE SE REPARTIRON TANTO EN HOSPITALES COMO NAS BASES DE AMBULANCIAS POR TODO GALICIA. HAI COMPAÑEIROS QUE AS EMPREGARON E, A DÍA DE HOXE, AINDA NON SE LLE FIXERON ALGÚN TIPO DE TEST,COMO SE LLE ESTÁN FACENDO TANTO Ó PERSONAL DOS HOSPITALES, CENTROS DE SAUDE E  RESIDENCIAS DE MAIORES.

NON QUEREMOS MENOSPRECIAR A NINGUN PROFESIONAL QUE POIDA ESTAR EN CONTACTO CUN POSIBLE CASO DE COVID 19 PERO É LAMENTABLE QUE OS PROFESIONAIS DE URXENCIAS EXTRAHOSPITALARIAS QUE PRIMEIRO ESTÁN EN CONTACTO CON ESTE TIPO DE CASOS NON SE TEÑAN EN CONTA Á HORA DE FACER AS PROBAS PARA AVERIGUAR SI ESTÁN OU SE XA PASARON POLA ENFERMIDADE. PARECENOS INCREIBLE QUE SEXAMOS OS GRANDES OLVIDADOS PARA ESTE TIPO DE PROBAS XA QUE PODEMOS CHEGAR A SER UN VECTOR DE CONTAXIO IMPORTANTE POSTO QUE AS UNIDADES ASISTENCIAIS COMO OS TES SEGUEN A TRASLADAR PACIENTES SEN SABER SE CONTAXIAN OU NON.

TODO ESTO NON VEN MÁIS QUE A REFLEXAR QUE, TRISTEMENTE, NON SO EN GALICIA, SE NON EN OUTRAS COMUNIDADES AUTÓNOMAS TAMEN, OS TÉCNICOS DE EMERXENCIAS SANITARIAS QUE NON PERTENECEN Á ADMINISTRACIÓN, GALICIA É UN DESES CASOS, NON SON VALORADOS COMO PERSONAL SANITARIO POR PARTE DOS RESPONSABLES AUTONÓMICOS EN MATERIA DE SAÚDE. NESTE CASO , GALICIA, PERTENECEN A SUBCONTRATAS QUE SON AS QUE SE ENCARGAN DOS TRASLADOS URXENTES (EMERXENCIAS) COMO DOS TRASLADOS NON URXENTES (PROGRAMADO).

CREO QUE DENDE ESTA ASOCIACIÓN NON PEDIMOS NADA QUE NON SEXA POSIBLE POSTO QUE O UNICO QUE BUSCAMOS É QUE HAXA SEGURIDADE PARA OS PACIENTES QUE TEÑEN QUE SER ASISTIDOS E TRASLADADOS NAS UNIDADES ASISTENCIAIS COMO PARA OS PROPIOS PROFESIONALES.

ESTAMOS CONVENCIDOS DE QUE SE ESTIVESEMOS RECOÑECIDOS POLO SERGAS,NO CASO DE GALICIA, XA SE NOS HOUBESEN FEITO OS TEST COMO Ó PERSONAL DO PROPIO SERGAS, COUSA QUE NON ACONTECE PORQUE O PROPIO SERGAS NON QUERE RECOÑECER A CATEGORÍA PROFESIONAL DE TÉCNICO DE EMERXENCIAS SANITARIAS, A CAL É UN CICLO FORMATIVO DE GRADO MEDIO OFICIAL CUN CURRÍCULUM ACADÉMICO DE 2000 HORAS.

POR TODO ESTO QUEREMOS PEDIR:

– RECOÑECEMENTO DA CATEGORÍA PROFESIONAL POR PARTE DO SERGAS EN GALICIA.

– TEST PARA TOD@S @S TÉCNICOS DE EMERXENCIAS SANITARIAS DE GALICIA TANTO DO TRANSPORTE URXENTE COMO DO NON URXENTE.

ATENTAMENTE A XUNTA DIRECTIVA ASGATE

Sorry, the comment form is closed at this time.

 
A %d blogueros les gusta esto: